Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

27/11/19

Ola amigas e amigos. Apuntade a data! O domingo 1, 18:00, no Espazo Infantil do Culturgal 2019 2019 farei un Obradoiro✍️ *Ilustración fantástica* arredor do libro "Os ecos do lume"
E, a partir das 18:30, ✏️sinatura ilustrada no stand de XERAIS de todos os meus libros, Ecos do lume, MEGATOXOS, Gliz, 4_Xinetes...
Vémonos o domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra ;)

27/6/19

Sinatura ilustrada en Vigo. Mércores 3 de xullo ás 18:30

Ola, amigos. Se queredes un debuxo nun dos vosos libros, aproveitade! Estarei na Feira do libro de Vigo o 3 de xullo ás 18:30.
Pasade tod@s ;)

PD: si, esa foto miña xa ten algúns anos... XD

16/2/18

Presentación e sinatura ilustrada en Vigo

Ola amigas e amigos.
O venres 23 de febreiro ás 19:30 presentarei o novo libro dos Megatoxos.

Os Megatoxos e a batalla de Rande

Será na Casa del Libro de Vigo. Rúa Velázquez Moreno, 27.

Ao rematar, farei unha sinatura ilustrada. Así se queres que che faga un dos teus personaxes favoritos nun libro, aproveita!
Espero que veñades tod@s!


18/12/17

Xa está Megatoxos 6!!!!

Ola amigas e amigos. Teño dúas novas; unha boa e outra non tanto ;)
Xa teño nas mans o novo libro dos Megatoxos e a batalla de Rande. O "malo" é que vós teredes que ter un pouco máis de paciencia. Estará nas librarías en Xaneiro. Os que non poidan agardar poden ir a preventa en portais tipo Amazon, El Corte Inglés, La casa del libro, etc.
En calqueira caso pódovos dicir que... quedou alucinante! Xa subirei máis fotos ;)
Aproveito para dicirvos que (por fin) teño conta en Instagram e que podedes seguirme: @anxofarina

29/11/17

Sinaturas no Culturgal 2017

Ola, amigas e amigos.
O próximo sábado 2 de decembro estarei no Culturgal, en Pontevedra asinando libros. Será ás 17:35 no stan de Xerais. Se queres un debuxo dos Megatoxos no teu libro tes que bulir!

Tamén levarei uns marcapáxinas especiais de agasallo.

Espérovos a todos! :) 

19/7/17

Na Feira do libro da Coruña


O martes 1 de Agosto ás 20:30 estarei na Feira do libro da Coruña asinando e facendo debuxos aos que leven un libro d`os Megatoxos ou de 4_Xinetes (4_Jinetes en castelán). 
Os que merquen alí un libro de 4_Xinetes levarán un agasallo especial!
Estarei na caseta da Librería Lume na Feira que está situada nos Xardíns de Méndez Nuñez.
Vide todos ;)

23/5/17

Presentación firma e agasallos en Betanzos

Este xoves, 25 de maio, presentarei a mina novela: 4_Xinetes na librería Biblos de Betanzos. Con agasallos para os asistentes...
Estades todos convidados! 

18/4/17

22 de abril, ás 7:30 no Corte Inglés de Vigo



Ola, amigos. Non podedes perder esta cita!
Este sábado 22 de abril ás 19:30 horas estarei no Corte Inglés de Vigo asinando libros e facendo algún debuxo a quen o pida. Tamén levarei uns agasallos para aqueles que merquen o libro de 4 Xinetes.

Espero vervos a tod@s !!

7/3/17

Presentación en Vigo de 4 Xinetes

Estades convidados á presentación na Casa del Libro de Vigo da niña novela 4 Xinetes. Tomate nota: 0 16 de marzo ás 19:30.

Todos os que merquen o libro recibirán un agasallo. Sortearei mugs de deseño exclusivo entre os asistentes que tamén poderán desfrutar duns doces de parte da pastelería creativa La artesa.
Animádevos a vir ;)

26/1/17

Xa estou en Instagram

Pois si, amigos. Por fin xa teño unha conta en Instagram.

Poderedes atoparme en:

https://www.instagram.com/anxofarina/

@anxofarina


18/1/17

Regáloche un libro


Es BloggerYouTuber ou Booktuber?
Queres ser o primeiro en ler a miña novela 4 Jinetes?
 Entón enche o formulario, escríbeme e mándoche un libro ;)

10/1/17

4 Xinetes

Aproxímase a hora.
O terceiro xa está aquí e o cuarto vai chegar.
A escuridade petou na miña porta, eu abrinlle e abraceina.
Axiña ha petar na vosa.

Será diferente,
porque eu son un dos que xa chegou.
As tartarugas nadan
e, nunha diminuta illa, hai un profundo pozo.
O cuarto vai chegar.

As tartarugas nadan,
o corazón xa non existe
e, nun remoto avión, todos morren.

O cuarto vai chegar.

29/12/16

Xa a teño! A miña novela 4 Jinetes

Aínda hai que agardar un pouco para a versión en galego de 4 JINETES, pero este xa se pode mercar na preventa en Amazon ou noutras librerías. Pero se estades impacientes, neste enlace podedes descargar de balde o principio do libro. Coidado que engancha! ;)

21/12/16

4 JINETES (4 Xinetes)


Este é un adianto da miña próxima novela young-adult 4 JINETES… Sairá en febreiro do 2017 en galego (4 Xinetes) e en castelán ao mesmo tempo. Aqueles aos que lles guste o misterio e as emocións fortes están de noraboa. Nun mundo en caos, só nos queda a amizade e o amor.

8/11/16

Preparade os canóns!


ACTUALIZACIÓN:
A editorialdecidiu pospoñer o lanzamento ata principios do 2018. Paciencia amigos ;)

Ola, amigos.
A principios de 2017 o sexto libro dos Megatoxos sairá a navegar! Si, navegar. Xa que Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca terán que intervir na fabulosa Batalla de Rande.

Aquí vai un adianto ;)